xoves, 30 de xullo de 2015

Preparando motores para o festival!


Boas xente!

Estes dous días os Minions estivemos preparando a decoración da aula e facendo o noso atuendo para a actuación de mañá!


Non queremos adiantar nada, así que soamente diremos que estivemos xogando con estes materiais!














 





Agardamos a pais, nais ou outros familiares na xornada de portas abertas para desfrutar cos nenos e cas nenas e co equipo de monitoreado!!!!

Últimos dias dos Frozen!


Hola a todos/as !!

Hoxe foi o penúltimo día do campús "Verán máis alá" e aproveitamolo o máximo.

Recordar que maña rematamos e por iso, celebramolo por todo o alto. 

Primeiro con una xornada de portas abertas no colexio dende as 11,30 da maña para todos os que se queiran acercar a ver as nosas curtometraxes e degustar uns petisquiños que nos mesmos preparamos e segundo cun xantar de convivencia que rematara nunha gran festa!!

A continuación , unhas fotiños do que fixemos estes útimos días:

Fixemos moitos e diferentes xogos, e votamoslle un ollo a película "Bee movie"" onde o protagonista era una abella que farto da súa colmena  aventurase a saír o exterior e correr mil e unha aventura !!






Hoxe despedimos algúns nenos e nenas dos Frozen ,asi que fixemos un "selfie grupal" para ter un bonito recordo!!   votaremos de menos e moi FELIZ VERÁN!!





FESTIVAL VENRES 31 DE XULLO

Mañá, como derradeiro día de Verán Máis Alá! 2015, temos preparados un festival de fin de campus, onde tódolos grupos farán unha mostra do traballo de todo o mes, por iso é necesario que cada neno/a veña cunha roupa específica. Amósase a continuación o que se necesita para cada grupo:

- SUPERMINIHEROES (3 e 4 anos): camiseta vermella, pantalón vaqueiro ou azul.

- AVENTUREIROS ( 5 anos): camisera branca, pantalón vaqueiro.

- FROZENS(6 anos): camiseta lisa, pantalón vaqueiro, gorra e gafas de sol.

- MINIONS (7 anos): camiseta azul ou amarela, pantalón vaqueiro.

- VENGADORES (8 e 9 anos): camiseta azul ou vermella e pantalón vaqueiro.

- REBELDES (10,11 e 12 anos): camiseta branca, pantalón azul ou vaqueiro e gorro ou viseira.


Como cada día, os nenos/as teñen que traer almorzo.

Informamos de que é unha xornada de portas abertas onde as familias están invitadas a acudir a partir das 11.30 para a mostra que con moito xeito teñen preparados tódolos grupos.


Moitas grazas e un cordial saúdo

INFORMACIÓN POTE DE MANIÑOS

Mañá, 31 de xullo como festa de último día de Verán Máis Alá, xantaremos no Pote de Maniños. Sairá un autobús ás 14.00 horas con todolos/as nenos/as inscritos na festa desde o CEIP Centieiras. Prégase ás familias que se desprecen directamente ó Pote para atoparse alí con eles, sen achegarse ao colexio. Os nenos e nenas serán acompañados ata O Pote polo equipo de monitorado.

Está programado o xantar para ás 14.30. Ás 16.30 comezarán as actividades coas familias e a dinamización da festa. Ás 19.00 faremos unha bonita despedida.

martes, 28 de xullo de 2015

Superminihéroes e Vengadores: Axentes en Acción

Hoxe foi un día moi movido para todos os participantes do Campus Verán Máis Alá 2015. Por unhas horas todos nos convertemos en Axentes en Acción .
Pola nosa banda o grupo de Superminiheroes comezamos a xornada vestíndonos para a ocasión e despois saimos na procura de pistas escondidas por todo o cole .






Despois da merenda xunto cos nosos compañeiros e compañeiras do grupo Aventureiros participamos en varios xogos de habilidade...










¡¡¡¡Misión  conseguida!!!!


Superminihéroes: maxia ou ciencia?

Onte o grupo de Superminiheroes descubrimos que o aire ocupa espazo, con algo tan sinxelo como son dúas botellas de plástico e dous globos.




Nunha das botellas facemos un corte cunha tesoira,  o globo desa botella si que se pode inflar , pero pola contra o globo da botella sin cortes é completamente imposible inflalo. ¡¡O aire ocupa espazo!!


Axentes en acción!

Hola a todos/as!
Hoxe xunto aos nosos compañeiros e compañeiras convertémonos nuns grandes heroes para salvar o mundo dun virus contaminante do ambiente: A TRANQUILINA! 
Somos grandes "Axentes en acción"!!